venres, 21 xuñ 2013
O próximo 28 de xuño arranca en Vigo a novena edición de Imaxina Sons coa actuación do pianista armenio Tigrán. Organizado e promovido polo Concello, este festival de jazz manterase fiel a tradición europea e, como novidade, incorpora unha nova actividade paralela: a Academia de sons.
venres, 21 xuñ 2013
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, Jesús Martínez, presentaron este venres a trixésima edición deste evento deportivo. A día de hoxe, último para inscribirse, máis de 600 atletas confirmaron a súa participación.
venres, 21 xuñ 2013
Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación de distintos convenios para a promoción de actividades culturais na cidade. Un deles, coa Sociedade Filarmónica, para divulgar a música clásica e, outro, para cooperar na programación do Teatro Ensalle.
venres, 21 xuñ 2013
Na Lonxa do Concello pódese ver máis de 100 obras finalistas do IV Certame da Mostra de Arte Infantil, posto en marcha pola Concellería de Educación. Trátase dunha exposición que permanecerá aberta ó público ate o vindeiro día 30, e que está composta por debuxos, pinturas, manualidades, fotografías e outras creacións feitas polos pequenos artistas da nosa cidade.
venres, 21 xuñ 2013
A Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) e a Escola Municipal de Arte Dramática de Madrid realizarán, os vindeiros días 21 e 25 de xuño, unhas xornadas teatrais co obxectivo de mostrar mutuamente os traballos que desenvolveron ambas as dúas escolas ao longo deste curso.
venres, 21 xuñ 2013
Do 25 ó 29 de xuño, Vigo programa actividades con motivo da Semana do Orgullo con actos culturais, festivos, reivindicativos... uns organizados pola Asociación "Nós Mesmas" e os outros pola Concellería de Igualdade. A primeira actividade do programa será o martes 25 ás 20h coa inauguración da exposición "Visibilidade e activismo. Obras da Colección Visible de arte LGTB" na Casa das Artes
Anuncio de Festas
venres, 21 xuñ 2013
No marco do programa "Festival Folclórico Internacional" que acolle o convenio de colaboración que está a impulsar a Concellería de Cultura e Festas coa Asociación Cultural Interfolc, da nosa cidade, informase do prazo de admisión de solicitudes é ata ás 13.30 horas do día 28 xuño do presente ano.
venres, 21 xuñ 2013
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, e a través do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo iniciase o proxecto de promoción deportiva "Achégate ao Deporte" para o período 2013-2014, relacionado coa iniciación deportiva, a través do proxecto para a promoción das escolas deportivas na cidade de Vigo, en colaboración coas entidades deportivas, clubs e federacións deportivas.