Escoitar

A Carreira Nocturna de San Xoan agarda a participación duns 700 atletas

O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, Jesús Martínez, presentaron este venres a trixésima edición deste evento deportivo. A día de hoxe, último para inscribirse, máis de 600 atletas confirmaron a súa participación.

venres, 21 xuñ 2013
1371819287carrera.JPG
A delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo e o Concello de Vigo organizan a tradicional Carreira Nocturna de San Xoan, que este ano celebra a súa trixésima edición coa participación confirmada de máis de 600 atletas e coa expectativa de acadar os 700 corredores.

Esta cita partirá ás 21:15 horas desde a Praza do Rei para rematar no Berbés, un percorrido duns oito quilómetros que pasará pola Avenida das Camelias, Romil, o Paseo de Alfonso, Pi y Margall, López Mora, Bar Boo, Coruña, Tomás Alonso, Paulino Freire e a Avenida de Beiramar ata o Berbés.

Abel Caballero salientou que a Nocturna de San Xoan forma parte do Circuito de Carreiras Populares que impulsa o Concello de Vigo. O ano pasado, no conxunto dos nove eventos que o confirman, o Circuito reuníu a 10.000 atletas.
Descargar todas as imaxes