Escoitar

Telefónica presenta ao rexedor un investimento de 8 millóns para despregar 70.000 km de fibra óptica

O alcalde de Vigo e o director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, mantiveron hoxe un encontro para analizar os plans de despregue na cidade de fibra ata o fogar. Os traballos para instalar a nova rede, que xa comenzaron, suporán un investimento de 8 millóns de euros.

xoves, 20 xuñ 2013
1371747301telefonica.JPG
Tal e como lle transmitiu o director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, ao alcalde, os traballos para instalar esta nova rede suporán un investimento de 8 millóns de euros, a xeración dun centenar de postos de traballo, ademais de dotar a máis de 6.000 fogares do núcleo urbano coa tecnoloxía máis avanzada do mercado para a transmisión de datos. Estes traballos, que xa comezaron, despregarán 70.000 km de fibra por toda a cidade.

Ao longo do encontro que mantiveron esta tarde, Alonso transmitiulle ao rexedor o seu interese porque as obras molesten o menos posible aos vigueses, e neste senso, precisou que se lle está a dar prioridade ao despregue a través das consuccións xa existentes, para reducir ao máximo o traballo a pé de rúa.

A extensión de fibra óptica ata o fogar prolongarase durante as próximas semanas, convertindo a Vigo nunha das primeiras cidades de España en dispor desta infraestrutura capaz de alcanzar velocidades infinitas de transmisión de datos, e que permitirá aos vigueses non só dispor dos servizos máis avanzados que se comercializan actualmente, senón tamén dos que se poidan desenvolver nas próximas décadas.
Descargar todas as imaxes