Caballero reclamará a Feijóo a auditoría encargada para a fusión das caixas galegas
O alcalde anunciou este xoves o envío dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia solicitándolle a remisión ao Concello de Vigo, como entidade fundadora de Caixanova, da auditoría elaborada por KPMG sobre a que a Xunta "impuxo a fusión que fixo desaparecer Caixanova".
Abel Caballero amosou este xoves "unha enorme preocupación" polas recentes revelacións en medios de comunicación da auditoría de KPMG, encargada pola Xunta de Galicia e sobre a que "impuxo a fusión que fixo desaparecer Caixanova".
"En próximos días", apuntou, o alcalde enviará un escrito ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pedíndolle a remisión do traballo de KPMG ao Concello de Vigo, en calidade de socio fundador dunha das caixas afectadas, Caixanova. Caballero defendeu ter "todos aqueles informes" sobre unha fusión "que afectou a esta cidade e a este concello como socio fundador", particularmente cando a auditoría, "nas súas conclusións, non avalaba" a integración.
Descargar todas as imaxes