Escoitar

O Concello dispón un servizo de apoio aos afectados por cláusulas solo nas hipotecas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este xoves que a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), localizada no segundo andar do Concello, ofrece desde hai dúas semanas información e apoio aos afectados por cláusula solo na hipoteca.

xoves, 20 xuñ 2013
Tras a sentencia do Tribunal Supremo anulando esta cláusula por consederala abusiva, o Concello de Vigo puxo en marcha hai dúas semanas unha campaña para asesorar e apoiar aos afectados.

Abel Caballero asegurou que todos aqueles que se dirixan á OMIC recibirán información e un formulario tipo para presentar ante a entidade bancaria para reclamar, no seu caso, a anulación da cláusula, un novo cálculo da cota de pago e a devolución do cobrado anteriormente en aplicación da mesma.

O rexedor apuntou que, se o banco non atende á reclamación, o Concello tamén ofertará asesoría para un eventual seguinte paso pola vía xudicial. A Oficina Municipal xa apoiou a un número "significativo" de afectados nestas dúas semanas de actividade.