Escoitar

Obradoiro de verán da Escola Municipal de Teatro

A Escola Municipal de Teatro, ten previsto realizar dende o día 1 de xullo ó 5 de xullo de 2013 un Obradoiro de CREACIÓN TEATRAL, nas instalacións da EMT, avenida de Castelao nº87 (interior), en horario de 17:00 a 21:00 horas.O prazo de preinscrición finalizará o 25 de xuño.

mércores, 19 xuñ 2013
As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87 (interior)), en horario de 10:30 a 13:00 de luns a xoves e de 17:00 a 20:00 de luns a venres. A solicitude pódese encontrar on-line no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo na páxina hoxe.vigo.org ou na EMT. A publicación dos admitidos será o día 26 de xuño e a formalización de matrícula os días 27 e 28 de xuño.O prezo de cada curso é de 47.60 euros.

Para máis información pódese contactar no 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org.

OBRADOIRO DE CREACIÓN TEATRAL

É un curso con carácter teórico e práctico destinado a toda persoa interesada na arte escénica: directores, actores, bailaríns e afeccionados deste campo.

O curso consiste na creación de pequenas escenas a partir dunha idea concreta ata a posta en escena da mesma ó finalizar o obradoiro. Traballaremos sobre unha partitura que de lugar a un discurso claro e sinxelo na narración da historia, na creación de imaxes dramáticas, na creación dun espectáculo. O traballo afronta a complexidade e a problemática da creación teatral, na presenza do actor no escenario, do espazo, os obxectos, o traballo sobre o propio corpo e, o uso das emocións, intencións, contradicións e o subtexto. O punto de partida será una serie de obras pictóricas con temática teatral dunha das grandes figuras da creación artística de Galicia: Eugenio Fernández Granell.

Este obradoiro é un estudo sobre a importancia da interdiciplina para a creación teatral. Neste caso vincularemos directamente as artes plásticas que será o punto de partida do noso traballo.