O alcalde chama a mobilizarse en defensa do aeroporto por ser "vital" para o "futuro" de Vigo
"Vigo non quere ningún privilexio, pero tampouco quere que os demais os teñan á nosa costa". Así reclamou Abel Caballero a participación da cidadanía na concentración de hoxe mércores, ás 20:30 horas na Porta do Sol, para esixir para Vigo o mesmo trato que recibe Santiago e Coruña, e poder así competir en igualdade de condicións.
Despois de terse reunido nas últimas semanas con preto dun centenar de colectivos, Abel Caballero afirmou que "se puxo de relieve a unanimidade absoluta" e o "clamor colectivo" da cidade en reclamar para Peinador igualdade de condicións con Lavacolla e Alvedro, pois o emprego e a industria da primeira cidade de Galicia precisa "vitalmente" de Peinador: "sen aeroporto, o risco é inmenso", sentenciou.
Este mércores, previa á concentración da tarde, o alcalde mantivo a última entrevista con numerosas entidades sobre esta cuestión, indicando ao remate da mesma que se a Xunta de Galicia da axudas directas ao aeroporto de Santiago tamén o faga en Vigo, e que se o Concello de A Coruña pode subvencionar liñas en Alvedro se poida facer igual para Peinador.
Vigo, asegurou o alcalde, "necesita e quere un aeroporto para o seu presente e o seu futuro" por ser básico para sectores como a automoción, o naval, a pesca, a pedra natural, o turismo, a hostelería e o comercio, segundo detallou.
Descargar todas as imaxes