Escoitar

Concerto de clausura do programa sinfónico da VIGO 430

O vindeiro luns 24 de xuño, ás 20:30 h, terá lugar no auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música (rúa Manuel Olivié, 23), o concerto de clausura do Programa Sinfónico de Primavera da Orquestra VIGO 430, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

martes, 18 xuñ 2013
1371557610carteconcerto.jpg
A Orquestra Vigo 430 pon o broche final á súa temporada 2012-2013 pondo en escena para esta ocasión un programa moi especial para dar a benvida ao verán: a estrea da peza "Cócteles", unha creación do director titular da orquestra, Alejandro Garrido, especificamente composta para a súa interpretación por parte dos músicos da Vigo 430 e que será acompañada por unha coreografía da prestixiosa bailarina Cristina Hall, que traballou man a man con Garrido para configurar esta peza de danza de corte flamenco.

Esta será a primeira vez que a orquestra realiza unha interpretación acompañada de danza continuando así a súa aposta polo traballo interdisciplinar. Igualmente segue potenciando a posta en escena de obras contemporáneas e de nova creación que están presentes todos os anos nos seus programas. E desta volta dun xeito moi especial, dado que volve a ser o noso director, Alejandro Garrido, o autor escollido. Se de por si Alejandro é un dos directores que mellor sabe aproveitar as potencialidades da orquestra estamos seguros de que a composición realizada, ao estar pensada directamente para a súa execución por parte da orquestra, será un verdadeiro alarde de virtuosismo e creatividade que levará aos pentagramas ese brillo e viveza que só el sabe sacar dos músicos da 430.

Descargar todas as imaxes

Máis información