4.500 alumnos de infantil e primaria participan en obradoiros municipais pola igualdade
O alcalde entregou hoxe 150 diplomas a outros tantos alumnos do CEIP Mosteiro-Bembrive que participaron no programa municipal "Camiña con nós pola igualdade". A oitava edición contou coa participación de 42 centros escolares e preto de 4.500 alumnos.
Baixo o nome de "Camiña con nós pola igualdade", preto de 4.500 alumnos de 42 centros escolares da cidade participaron en obradoiros traballando na igualdade de oportunidades e facilitando unha visión crítica da sociedade. O rexedor entregou hoxe xoves 150 diplomas a outros tantos nenos e nenas do Ceip Mosteiro Bembrive no acto de clausura da oitava edición deste "excepcional" programa.
Camiña con nós pola igualdade iniciouse no 2005 coa participación de 19 colexios e 1.500 alumnos. Durante este curso, impartíronse en cada centro 3 obradoiros adapatados á idade dos escolares, de infantil e primaria, tanto na docencia como nas temáticas.
Descargar todas as imaxes