Escoitar

O Concello subvenciona o contrato laboral de 7 persoas na Rede de Mulleres contra os Malos Tratos

O alcalde deu conta hoxe xoves dun convenio coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos que permitirá a contratación de sete persoas durante sete meses. A subvención é de 50.000 euros e está incluida no Plan de Emprego 2013.

xoves, 20 xuñ 2013
1371729140convenio.JPG
O Plan de Emprego 2013 permitirá á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos a contratación de sete persoas durante sete meses. Así o estipula o convenio que hoxe xoves asinaron o alcalde e responsables da entidade. Cunha subvención de 50.000 euros, a Rede consolidará novas actividades en materia de comunicación, formación e dinamización no acompañamento ás vítimas de violencia xénero cara a súa reincorporación sociolaboral.
Descargar todas as imaxes