O alcalde proporá para o aeroporto de Vigo "o mesmo que teñen Santiago, A Coruña e Oporto"
Abel Caballero transmitíu hoxe xoves a súa "satisfacción polo apoio masivo da cidadanía a favor de Peinador" na concentración convocada onte na Porta do Sol. Tal e como xa avanzara, o goberno local xa está a traballar nunha proposta de vóos que o rexedor levará ao próximo Pleno ordinario.
O alcalde agradeceu hoxe xoves "a participación masiva" da cidadanía na concentración organizada onte na Porta do Sol a favor do aeroporto de Vigo. Engadiu que nestes momentos, o goberno local sabe que conta co "apoio da cidade" para empezar a traballar nunha proposta de vóos que vai levar ao próximo Pleno ordinario. En resposta aos xornalistas, concretou que vai propoñer o mesmo que "teñen Santiago, A Coruña e Oporto" e adiantou que hoxe mesmo vai manter un encontro con responsables da compañía Volotea.
Rematou reiterando a súa "satisfacción por este apoio masivo" á defensa de Peinador e de Vigo, reclamando un tratamiento equitativo de todas as terminais galegas.
Descargar todas as imaxes
Rematou reiterando a súa "satisfacción por este apoio masivo" á defensa de Peinador e de Vigo, reclamando un tratamiento equitativo de todas as terminais galegas.