Escoitar

Intercambio entre a Escola Municipal de Teatro de Vigo e a Escola Municipal de Arte dramática de Madrid

A Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) e a Escola Municipal de Arte Dramática de Madrid realizarán, os vindeiros días 21 e 25 de xuño, unhas xornadas teatrais co obxectivo de mostrar mutuamente os traballos que desenvolveron ambas as dúas escolas ao longo deste curso.

venres, 21 xuñ 2013
1371814687manipulacion.jpg
A primeira representación vaina realizar a Escola Municipal de Teatro de Vigo en Madrid, na sede da Escola Municipal de Arte Dramática de Madrid (na rúa Mejía Lequerica, 21). A actividade será este venres, 21 de xuño, ás 19:00 horas e o espectáculo que representarán será "Manipulación", unha creación da Aula de Repertorio da propia escola. Posteriormente, o vindeiro martes 25 de xuño, os alumnos/as da Escola Municipal de Arte Dramática de Madrid, viaxarán a Vigo para amosar o seu traballo "El perro del hortelano", de Lope de Vega. A actuación terá lugar no auditorio da Asociación de Veciños "Val do Fragoso" (rúa Val Miñor s/n), ás 20:00 horas. O acceso será libre até completar o aforo.

Esta colaboración pretende, ademais, poñer de manifesto a importancia do traballo das escolas municipais de teatro, que fomentan a práctica artística en calquera etapa da vida. As escolas municipais de teatro ofrecen unha formación variada que cobre as necesidades artísticas de nenos/as, mozos/as e adultos/as, que ven no teatro un vehículo para desenvolverse tanto artística como persoalmente.
Descargar todas as imaxes