Escoitar

O Concello colabora na difusión da música a través da Sociedade Filarmónica de Vigo

Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación de distintos convenios para a promoción de actividades culturais na cidade. Un deles, coa Sociedade Filarmónica, para divulgar a música clásica e, outro, para cooperar na programación do Teatro Ensalle.

venres, 21 xuñ 2013
A Xunta de Goberno local deu luz verde esta mañá a un Convenio coa Sociedade Filarmónica de Vigo por importe de 18.000 euros. Deste xeito, o Concello segue a colaborar coa difusión e divulgación da música entre a sociedade viguesa. Tamén se aprobou unha subvención nominativa ao Teatro Ensalle de 7.200 euros para a posta en marcha da súa programación. Outro dos acordos dos que deu conta o rexedor en rolda de prensa, pasa por un convenio coa Federación de Peñas recreativas El Olivo para a organización da festa do mexilón, o próximo 1 de setembro no Parque de Castrelos, cun importe de 12.600 euros. Tamén se outorgaron 8.100 euros á Confrafría do Santísimo Cristo dos Afligidos de Bouzas para organizar o Festival poético-piromusical cidade de Vigo-Vila de Bouza, que se celebrará o 21 de xullo.

Caballero tamén avanzou a promoción municipal de tres iniciativas empresariales como Iniciativas locais de emprego. Recibirán apoio coa elaboración dun informe económico de viabilidade do proxecto.

Por outra banda, na Xerencia de Urbanismo, concedéronse 21 licenzas de obras e 5 de actividade para un investimento de 711.046 euros.