Caballero di que Volotea plantea ter base en Vigo e operar desde Peinador ata nove rutas nacionais
O alcalde informou este venres da proposta da baixo custo para o aeroporto de Vigo, que pasaría por operar ata nove destinos en España e ter en Peinador a base dun dos seus avións, o que acontecería por primeira vez na historia da terminal viguesa.
Abel Caballero revelou hoxe venres algúns detalles da proposta para potenciar Peinador que levará á próxima sesión plenaria do Concello de Vigo, a celebrarse o 1 de xullo. Segundo informou o alcalde, a compañía de baixo custo Volotea plantea que o aeroporto de Vigo sexa a base dun dos seus avións e operar ata nove destinos nacionais.
O primeiro edil indicou que sería "a primeira vez" que unha compañía se decidira por Vigo como base, ademais de converterse a cidade na primeira sede española de Volotea. Esta opción suporía a xeración de postos de traballo, pois a contratación do persoal de terra, cabina e asistentes de vóo tería lugar na área viguesa.
No tocante ás rutas, Caballero informou que a opción de Volotea -de carácter plurianual e aínda "en estudo"- incluiría conexións de Vigo con Valencia, Sevilla, Palma de Mallorca, Ibiza, Málaga, Alicante, Bilbao e Canarias, entre oito e nove destinos en total. O alcalde avanzou que continuará falando con compañías aéreas.
Descargar todas as imaxes