Escoitar

Convocatoria do programa municipal de escolas deportivas 2013-2014 "Achégate o deporte"

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, e a través do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo iniciase o proxecto de promoción deportiva "Achégate ao Deporte" para o período 2013-2014, relacionado coa iniciación deportiva, a través do proxecto para a promoción das escolas deportivas na cidade de Vigo, en colaboración coas entidades deportivas, clubs e federacións deportivas.

venres, 21 xuñ 2013
O Instituto Municipal dos Deportes busca a través deste programa mellorar a oferta para a iniciación deportiva, tanto en relación a calidade como no número de prazas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 16 anos. Para este novo curso 2013-2014, prográmanse unha serie de actividades, que permitan atender e orientar a demanda deportiva da xuventude, cada día, máis preocupada pola práctica deportiva e coidado do se corpo.

O Instituto Municipal de Deportes de Vigo abre un novo prazo para a inscrición das entidades deportivas, que desexen participar no Programa de Municipal de Escolas Deportivas, promovendo unha gran oferta de modalidades diferentes, distribuídas polas instalacións deportivas municipais, durante os meses de Outubro a Maio.

O Instituto Municipal dos Deportes, comprometese co Deporte en Vigo a través da potenciación deste programa Municipal de Escolas deportivas, a través do cal se posibilitarán os seguintes aspectos de colaboración cas entidades que o desenrolan:
- Coordinar as necesidades de promoción e difusión do proxecto e promover a máxima difusión da oferta de iniciación as diversas practicas deportivas coas entidades da cidade de Vigo.
- Garantir unha calidade na práctica e na formación deportiva das entidades participantes.
- Facilitar o uso das Instalacións deportivas Municipais de maneira gratuíta.
- Colaborar na financiación dos gastos xerais que teñen as entidades deportivas participantes, así como dotas as mesmas do material didáctico/deportivo necesario.

DONDE E COMO PODO PRESENTAR A SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN:

Poderán presentar solicitude todas as entidades deportivas que forman parte do actual programa, así como calquera outra entidade que queira incorporarse a este novo programa de escolas deportivas 2013-2014.

A presentación da solicitude se deberá realizar coa presentación dun proxecto docente para o programa municipal de escolas deportivas. O prazo de presentación estará aberto dende o 21 de xuño ata o 8 de xullo, e debera presentarse no rexistro do Instituto Municipal dos deportes.

Requisitos mínimo do proxecto:
 Identificación da Entidade Deportiva solicitante:
- Nome da entidade. Domicilio, Teléfono, e-mail de contacto, cif,
- Datos do presidente e cargos responsables da entidade.
- Datos de referencia deportiva da entidade.

 Proxecto de escola na modalidade deportiva que pretende desenvolver, cos seguintes apartados:
- Obxectivos a desenvolver na escola deportiva. Especificación dos contidos a desenvolver ó longo do curso, distribuídos por idades e categorías. Metodoloxía de traballo, procesos de avaliación, etc.
- Solicitude de instalacións, horarios para a actividade. Disponibiladade de medios propios
- Persoal titulado que desenvolverá o programa docente, e que asina o proxecto docente.

Para máis información poden chamar ós teléfonos 986-232884.