Imaxina Sons incorpora actividades para público familiar na súa novena edición
O próximo 28 de xuño arranca en Vigo a novena edición de Imaxina Sons coa actuación do pianista armenio Tigrán. Organizado e promovido polo Concello, este festival de jazz manterase fiel a tradición europea e, como novidade, incorpora unha nova actividade paralela: a Academia de sons.
Abel Caballero presentou hoxe venres a novena edición do Festival de Jazz Imaxina Sons que, organizado polo Concello, estenderase desde o 28 de xuño ata o 6 de xullo. Cun orzamento de 170.000 euros, a mesma cantidade que o ano pasado, o rexedor amosou a súa "satisfacción" por continuar cun evento cultural que se mantén fiel aos seus principios de programar jazz europeo, dándolle aos vigueses a oportunidade de ver artistas de primeira fila, e de promocionar e apoiar o jazz galego e español.
Durante a rolda de prensa, acompañado polo director artístico do festival, Nani García, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, Caballero lembrou que Imaxina Sons é un dos festivais de jazz máis prestixiosos da península que este ano contará con doce concertos principais dos que seis serán no Auditirio Municipal e o resto se repartirán entre a Praza da Constitución e o Museo Marco. Nani García resaltou participantes de primeiro nivel como o pianista armenio Tigrán ou o acordeonista francés Richard Galliano, que abrirán e pecharán o festival, respectivamente.
Como novidade, Imaxina Sons abre un novo espazo "Academia de Sons" que, con propostas didácticas en forma de concertos, obradoiros e cinema, quere conectar cun público amplo, familiar, infantil e xuvenil. A participación nestas actividaes paralelas, nalgúns casos, precisará de inscripción previa a través del 010, desde hoxe venres ata as 14,00 horas do venres 28.
As entradas para os concertos de pago- Auditorio Municipal (5 euros) e salón de actos do Marco (3 euros)- saen hoxe á venda no servizo de Servinova (www.servinova.com) o no teléfono 902.504.500. Os concertos da Praza da Constitución serán de acceso libre e, no caso de inclemencias meteorolóxicas, a organización poderá decidir o seu traslado ao teatro Salecianos, con entrada libre ata completar o aforo.
Descargar todas as imaxes