Silva pedirá ao ministro de Economía que se amplíen as arbitraxes ao 100% dos afectados por preferentes
Durante a Comisión Permanente do Congreso dos Deputados que se celebrará mañá en Madrid, Carmela Silva,esixirá ao ministro de Economía información sobre a situación das preferentes, ao tempo que reclamará procesos de arbitraxe para o 100% dos afectados. Tamén reclamará explicacións polo "acoso" con sancións que están a sofrir estes manifestantes coas actuacións nas que reclaman os cartos que lles estafaron.
A tenente de alcalde e deputada, Carmela Silva, solicitará a comparecencia do ministro de Economía, Luis de Guindos, para que explique que está a facer o Goberno para solucionar o problema das preferentes. A edil socialista, que hoxe mércores, mantivo un encontro coa plataforma de afectados, avanzou que durante a Comisión permanente do Congreso dos Deputados vai reclamar que se amplíen os prazos de arbitraxe ao tempo que instará ao responsable do Goberno de España que compareza "de xeito inmediato" dado que os prazos para as arbitraxes remantan entre o 12 e o 14 de xullo. "E preciso que todos poidan acollerse a esta posibilidade e que se lles devolva a todos o 100% porque son pequenos aforradores", enfatizou Silva durante unha comparecencia cos medios.
Tamén se referiu á persecución "impresentable" á que están sometidos estes afectados por parte da Subelegación do Goberno con denuncias administrativas e sancións. Trátase, dixo, dun "acoso escandaloso porque parece que ao Goberno de España lle parece pouco a estafa á que foron sometidos e agora lles sanciona", destacou. Silva comprometeuse a preguntar que deu a orde de impoñer estas sancións a un colectivo que se manifesta de xeito pacífico en defensa dos seus dereitos. Criticou á Subdelegación por non respostara á petición de reunión que lle prantexou a plataforma de afectados para tratar de consensuar as normas das actuacións coas que reclaman os cartos que lles estafaron. Censurou que, unha vez máis, o Goberno non se pon ao lado dos cidadáns, amosando unha total "falta de sensibilidade".
Descargar todas as imaxes