Escoitar

O Concello recolle nunha exposición fotográfica o proceso de rehabilitación do Casco Vello

Durante os próximos días, unha exposición fotográfica na rúa Príncipe exhibirá o importante proceso de rehabilitación experimentado no Casco Vello e no barrio histórico de Bouzas nos últimos anos. Tal e como explicou o rexedor, o Concello investiu 32 millóns de euros desde o ano 2007.

mércores, 10 xul 2013
1373475469exposicion.JPG
Unha exposición fotográfica recolle o proceso de rehabilitación do Casco Vello no que se investiron 32 millóns de euros desde 2007. O obxectivo de Vigohistórico, fermoso renacer, segundo explicou hoxe Abel Caballero durante a inaguración da mostra na Praza da Princesa, é dar a coñecer á cidadanía as actuacións de recuperación do Casco Antiguo e do barrio histórico de Bouzas.

Acompañado da tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, percorreu a rúa Príncipe na que están instalados os paneis que amosan o cambio que experimentaron estas zonas nos últimos anos. Tal e como explicou, as vivendas rehabilitadas no Casco Vello ascenden a 726, mentres que en execución hai 195. En canto a Bouzas, o número de vivendas rehabilitadas alcanza as 236 e en trámite hai outras 53. Ademais, durante este tempo, recuperáronse novos espazos para a cidadanía como a peonalización da Praza de Diego Santos, en Bouzas, as escaleiras de San Sebastián e Abeleira Menéndez, no Casco Vello, sen esquecer a posta en marcha da aula da Uned.

Ademais, destacou actuacións culturais como o Entroido, a Reconquista, os magostos, o Nadal ou as festas do verán. Só, na Pinacoteca, puntualizou, realizouse unha inversión de 2.700.000 euros. Por último, referiuse á existencia dunha oficiña municipal adicada específicamente a tramitar as axudas á rehabilitación.
Descargar todas as imaxes