O alcalde invita a todo Vigo a participar na manifestación en defensa do naval
Abel Caballero reiterou hoxe mércores a importancia de participar na manifestación en defensa do naval convocada mañá xoves polas centrais sindicais e co apoio explícito do Consello Social da cidade. Así o destacou logo dun encontro con colectivos do sector turístico e hosteleiro de Vigo aos que, acompañado por responsables sindicais, trasladou a difícil situación que está a atravesar o sector.
O alcalde de Vigo proseguiu coa súa rolda de contactos con colectivos da cidade para analizar a situación do naval e hoxe mantivo un encontro con representantes do sector turístico e hosteleiro. Concretamente, reuniuse con responsables da Federación Provincial de Hosteleros de Pontevedra, da Asociación de Hoteles de Vigo, Asociación de Jóvenes Empresarios, axencias de viaxes, taxistas, e Acopovi. Ao término do encontro, Caballero reiterou "que índa non hai nada conseguido" e enfatizou a importancia de participar na manifestación en defensa do naval convocada polas centrais sindicais mañá as 20,00 horas, con saída da Praza de España.
Por outra banda, Caballero avanzou que todos os grupos do Senado presentarán unha moción para que a Cámara Alta inste ao Goberno de España a realizar ante a UE as xestións oportunas para solicitar a non devolución de axudas do anterior sistema de tax lease, como xa ocurriu no caso francés. Temén reclaman ao Estado Español que adopte todas as decisións que a defensa dos intereses do sector naval español requira ante as institucións comunitarias.
Descargar todas as imaxes