Escoitar

Vigo aumenta nun 15% o orzamento para a posta en marcha dunhas festas "excepcionais"

O alcalde de Vigo presentou hoxe martes o cartel de festas para este verán, coa posta en marcha dunha organización "na que medimos cada euro investido". Cun orzamento de 650.000 euros, un 15% máis que o ano pasado, Caballero definiu o cartel como "extraordinario".

martes, 9 xul 2013
1373373863festas2013.jpg
A chamada Semana Grande de Vigo se extende este ano desde o 24 de xullo ata o 4 de agosto, e arranca ese mesmo primeiro día coa letura do pregón. Serán, tal e como avanzou o rexedor, unhas festas "excepcionais" cun orzamento "moi medido no que medios cada euro investido". Cun importe de 650.000 euros, un 15% máis que o ano pasado, o Concello elaborou un programa para todos os públicos e idades.

No auditorio de Castrelos teremos as actuacións de MELENDI (24 de xullo), FANGORIA e LOVE OF LESBIAN (26 de xullo), CORAL CASABLANCA (27 de xullo), o VI CERTAME DE ORFEÓNS (28 de xullo) e o II FESTIVAL DA REDE EUROPEA DE ORQUESTRAS FLOK-ENFO (18 de agosto). As entradas para os concertos de pagamento (Melendi e Fangoria+Love of Lesbian) poranse á venda en Servinova (www.servinova.es ou teléfono 902.504.500) o xoves 11 de xullo ás 9:00 h.

O domingo 28 de xullo, o artista PABLO ALBORÁN actuará no Recinto Feiral de Vigo-IFEVI, coa colaboración do Concello de Vigo.

Na praza da Constitución teremos a Semana de Teatro Familiar (do 29 de xullo ao 2 de agosto) e os concertos de "Vigosónico" (do 5 ao 11 de agosto).

Ademais, haberá animación infantil por barrios, o Festival Folclórico Internacional (do 6 ao 11 de agosto), concertos de bandas de música populares e de corais polifónicas, o Maratón Fotográfico (o 10 e 11 de agosto), o Marisquiño (do 9 ao 11 de agosto) e as tradicionais festas gastronómicas (sardiña, polbo e mexillón).

Como novidade, o 9 de agosto, entre as 20:00 h e as 02:00 h, celebrarase "A noite branca", con actividades nos centros museísticos e expositivos da Rede de Museos do Concello de Vigo.
1373373863festas2013.jpg
1373386329festas.JPG
Descargar todas as imaxes

Máis información