Escoitar

O Consello Social pide á Xunta e ao Goberno que presenten os argumentos xurídicos que garantan o futuro do naval

Abel Caballero presidiu esta tarde o Consello Social convocado para aunar posturas sobre a defensa do naval. A resolución conxunta advirte de que non se pode concebir esta cidade sin o sector naval funcionando a pleno rendemento. Todos os membros coincidiron en respaldar a manifestación que se celebrará o xoves 11 de xullo ás 20,00 h con saída na Praza de España.

luns, 8 xul 2013
1373306432consello.JPG
O Consello Social de Vigo rematou esta tarde cunha resolución conxunta na que se expresa o seu apoio ao sector naval da Ría pola importancia que ten no desenvolvemento económico, no crecemento e no emprego. Explican que non se pode concebir esta cidade nin a súa economía sen o sector naval funcionando a pleno rendemento, a plena capacidade.

O Consello Social quixo manifestar o seu convencemento de que o sector naval de Vigo ten capacidade para competir nos mercados internacionais e usar a nova ferramenta do tax lease para seguir xerando riqueza e emprego. Por tanto, quere poñer de manifesto o seu rexeitamento absoluto á proposta do comisario da Competencia, Joaquín Almunia, de non recoñecer a retroactividade e obrigar á devolución das bonificacións fiscais.

O Consello Social enfatiza non vai admitir, baixo ningún concepto, devolución algunha porque non hai razón legal que o avale. Insisten na esixencia para Vigo do mesmo tratamento que recibiu Francia, ningún pago retroactivo debido á confianza lexítima e á seguridade xurídica.

A resolución pide ao presidente da Xunta que demande do comisario o establecemento destas condicións: ningunha devolución e garantías de funcionamento. Ao mesmo tempo que insta ao presidente do goberno de España a que presente un documento, un dictame e as bases para asegurar que o comisario Almunia non poida levar adiante a súa pretensión de devolución.

En todo caso, O Consello Social solicita aos presidentes do Goberno de España e da Xunta de Galicia a que neste tempo aseguren, coa achega dos pertinentes documentos, o noso dereito a seguir funcionando con plena garantía e a non facer devolución de ningún tipo que puidera afectar aos estaleiros da nosa Ría. Deberán ademais, engade o documento, levar a posición española diante do presidente da Comisión Europea, o señor Durao Barroso.
Asemade, o Consello Social de Vigo fai un chamamento a toda a cidadanía para que participe na manifestación que se celebrará o vindeiro xoves, 11 de xullo, ás 20:00 desde a Praza de España.

Reunións
Por outra banda, Abel Caballero prosegue coas roldas de "sensibilización" cidadá sobre a situación do naval e esta mañá mantivo sendos encontros con distintos colectivos, acompañado de reponsables sindicais. En primeiro lugar, reuniuse con máis de medio centenar de representantes do comercio de todo Vigo e, ao final da mañá, mantivo un encontro con responsables de Asime e de empresarios do sector e da industria auxiliar. Durante o habitual encontro cos medios de comunicación o rexedor, tal e como fixo ao longo destas reunións, urxiu ao Goberno central a presentar en Bruxelas os argumentos xurídicos que avalan a non retroactividade do tax lease, "unha vez que Bruxelas presenta grietas". Reiterou a importancia en reclamar á delegación que o próximo xoves se reunirá co comisario da Competencia, Joaquín Almunia, que se se entrevisten tamén con Durao Barroso.

Caballero insistiu en que o Executivo "está obrigado" a presentar estes argumentos e basear na defensa do naval en catro eixos: confianza lexítima, seguridade xurídica, ausencia de homexeneización no prantexamento fiscal en toda Europa, e o precedente do modelo francés. Rematou avanzando que proseguirá nos próximos días con contactos con distintos sectores socialis porque "non podemos renunciar ao naval", enfatizou.

Descargar todas as imaxes