Caballero revela tres novas sentencias que avalan a seguridade xurídica do Plan Xeral de Vigo
O alcalde informou este venres das tres decisións xudiciais favorables aos intereses municipais, que veñen sumarse á resolución do Tribunal Supremo que tamén avala o Plan Xeral e o incremento da vivenda protexida ata o 47%. Caballero esixíu responsabilidades a todos aqueles que alegaron inseguridade xurídica para oporse á aprobación do PXOM.
Abel Caballero amosou unha "gran satisfacción" polas sentencias que avalan a seguridade xurídica do Plan Xeral vigués, en particular pola resolución favorable do Tribunal Supremo, que "pon a Vigo na garantía da legalidade".
"Xa non hai máis andadura xurídica", explicou o alcalde ao referirse á sentencia do Supremo, polo que demandou responsabilidade políticas a todos aqueles que se opuxeron ao Plan Xeral argumentando unha suposta inseguridade xurídica. O PXOM reserva agora o 47% dos pisos a construir para vivenda protexida, unha decisión adoptada polo goberno de Caballero que devolveu as "plusvalías" á cidade ao pasar do 22% anterior ao devandito 47%.
ADIF
Na Xerencia de Urbanismo celebrada este venres aprobouse igualmente a cesión de 10 vivendas de titularidade municipal en Rosalía de Castro ao Administración de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), en virtude dun convenio de 1994.
Abel Caballero recordou que, tras case 20 anos da sinatura do acordo, foi o actual goberno de Vigo o que conseguiu recuperar medio centenar de pisos nesta céntrica rúa viguesa para o Concello. "Ningún goberno foi quen de facerse coa propiedade das vivendas de Rosalía de Castro", censurou o alcalde, quen se preguntou a causa deste "limbo" de dous décadas.
Descargar todas as imaxes