venres, 5 xul 2013
Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde e os responsables das tres principais centrais sindicais, comezou este venres a rolda de contactos con entidades para "sensibilizar" á cidadanía na defensa do sector ante a inminente resolución europea sobre o tax lease. As asociacións veciñais amosaron o seu "apoio absoluto".
venres, 5 xul 2013
O alcalde e a tenente de alcalde inauguraron hoxe venres, xunto ao edil de Turismo, na rúa Cánovas do Castillo o Centro de Interpretación de Vigo e a súa ría, que permite percorrer a historia da cidade e a relación co seu contorno. Neste mesmo acto, presentou o proxecto Vivevigo Hospitaly, unha iniciativa destiñada aos hoteis para que poidan facilitar aos seus clientes o acceso ás distintas posibilidades culturais, de ocio e comerciais da cidade.
venres, 5 xul 2013
O alcalde informou este venres das tres decisións xudiciais favorables aos intereses municipais, que veñen sumarse á resolución do Tribunal Supremo que tamén avala o Plan Xeral e o incremento da vivenda protexida ata o 47%. Caballero esixíu responsabilidades a todos aqueles que alegaron inseguridade xurídica para oporse á aprobación do PXOM.
venres, 5 xul 2013
Mostly Other People Do the Killing, unha das figuras máis destacadas deste festival será un dos responsables de poñer fin á penúltima xornada desta novena edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, o venres 5 a partir das 21.00h no Auditorio Municipal do Concello. Ademais, o festival contará con Richard Galliano o sábado 6 de xullo ás 23.00h na Praza da Constitución.