O alcalde visitou a reforma de Severino Cobas, "unha das grandes humanizacións de Vigo"
Abel Caballero visitou este xoves a recente humanización da rúa Severino Cobas, cun investimento de tres millóns de euros aos que se suman outros catro en concepto de expropiacións.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves a humanzación de Severino Cobas, recentemente reformada, xunto á delegada da Xunta de Galicia na cidade, María José Bravo Bosch.
O investimento nesta reforma superou os tres millóns de euros, aos que se engaden outros catro millóns abonados en concepto de expropiacións de terreos. A reforma, executada en tres fases, cubre máis dun quilómetro de lonxitude e máis de 17.000 metros cadrados de superficie total.
Caballero explicou que, xunto aos estándares habituais de mellora na superficie, con puntos de luz e medio centenar de novas árbores, a humanización renovou máis de cinco quilómetros de canalizacións soterradas, é dicir, novas tuberías de saneamento, abastecemento e pluviais.
O alcalde apuntou que o anterior goberno da Xunta de Galicia, encabezado por Emilio Pérez Touriño, convenia co Concello a cesión dos fondos para a acometida desta humanización. Ademais, a rotonda foi construida polo goberno local, fóra do proxecto de obra.
Descargar todas as imaxes