O Supremo avala a legalidade do PXOM "nunha decisión histórica para a cidade e demoledora para os que defendían aos especuladores"
O alcalde de Vigo cualificou hoxe xoves como unha "decisión histórica para a cidade" a sentenza do Tribunal Supremo que avala a seguridade xurídica do actual PXOM frente a un recurso que abogaba por derogar o documento ata o momento no que o goberno local aumentou a vivenda protexida dun 20 a un 47%. Caballero dixo que o dictame é "absolutamente favorable" ao Concello é á cidade e "demoledor contra os que non votaron o Plan e defendían os intereses dos especuladores". <br />
"Unha decisión histórica para a cidade" iso é o que supón, en verbas de Abel Caballero, a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a validez do actual PXOM, ratificando, a súa vez, ao Tribunal Superior de Xustiza que xa se manifestara no mesmo senso o 20 de xaneiro de 2011. Trátase, enfatizou, dun dictame "absolutamente favorable ao Concello e a cidade". Importante desde o punto de vista legal, argumentou, porque avala a seguridade xurídica do PXOM e desde a perspectiva política "porque hai quen fixo do Plan o seu caballo de batalla".
Esta sentenza desbota un recurso de casación contra a orde da Xunta de Galicia -quen aprobou o PXOM de xeito definitivo- que pretendía a anulación do Plan e a retroacción das actuacións ata o momento no que se incrementou a reserva do solo para vivendas de protección pública. O que pretendía era que se derogara o documento ata o momento no que o Goberno local decidiu aumentar a vivenda protexida dun 20 a un 47%. A decisión do Tribunal Supremo confirma a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que decía que o aumento de vivenda pública non supuxo ningún cambio sustancial de planeamento que obrigara a realizar outra exposición pública. Os argumentos da sentenza, engadiu o rexedor, son un "claro" aval para a cidade e o goberno e un varapalo "demoledor" para os contrarios ao PXOM.
A reserva dun 30 do solo para vivenda protexida era un mínimo sobre o que o Concello podía aumentar, segundo estimara oportuno xa que tal e como di a resolución, o incremento de solo de promoción pública únicamente afecta ás expectativas de rendemento económico da promoción pero non ao modelo territorial. So ten relevancia, insistiu, na distribución de cargas e beneficios, en suma, puntualizou "diminuir a especulación do PXOM, e o Supremo avala eliminar a especulación e o pelotazo". Caballero enfatizou o carácter "demoledor" do dictame "contra os que non votaron o Plan e defendían os intereses dos especuladores".
O rexedor aproveitou a súa comparecencia para darlle as grazas aos "catorce concelleiros que aprobaron o Plan" -en alusión ao PSOE e o BNG- e agradeceu o seu traballo a todos os ténicos e xurídicos municipais que fixeron posible un documento "económicamente viable e xurídicamente impecable". Dada a relevancia do tema, Caballero compareceu acompañado pola primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva; o segundo tenente de alcalde, Carlos López Font; o concelleiro de Fomento e antiguo director de gabinete de Alcaldía, David Regades, o actual director do gabinete, Javier Pardo; así como pola xerente de Urbanismo, María Carneiro.
Descargar todas as imaxes