luns, 1 xul 2013
Os voceiros dos tres grupos políticos rubricaron no Pleno desta mañá unha declaración conxunta para defender o naval de Vigo. Todos os partidos coincidiron na necesidade de instar a todas as administracións implicadas a aumentar a súa presión en Bruxelas para evitar calquera decisión que poidera supor a desaparición deste estratéxico sector.
luns, 1 xul 2013
A moción, presentada polo PSdeG ante o Pleno e apoiada polos nacionalistas, reclama do goberno autonómico que suprima a disposición que obriga aos concellos a incrementar as taxas aos usuarios deste servizo. Outra moción socialista aprobada pide á Xunta que retome as bolsas de comedor que deixou de conceder.
luns, 1 xul 2013
A Corporación Municipal de Vigo acordou hoxe luns, a proposta do BNG e co apoio do PSdeG, solicitar do goberno de España "que desista do proceso de desmantelamento e privatización" do sistema ferroviario e o mantemento das liñas existentes, que no caso vigués afecta ás conexións de media distancia con Ourense.
luns, 1 xul 2013
O Pleno da Corporación Municipal acordou hoxe luns a creación dunha comisión de seguemento da concesión do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo". A proposta do PP, o goberno local tamén realizará un estudo encamiñado a habilitar prazas de aparcamento "para persoas con mobilidade reducida en todas as rúas da cidade".