O Concello creará unha comisión de seguemento do Auditorio para coñecer a "situación real" da concesión
O Pleno da Corporación Municipal acordou hoxe luns a creación dunha comisión de seguemento da concesión do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo". A proposta do PP, o goberno local tamén realizará un estudo encamiñado a habilitar prazas de aparcamento "para persoas con mobilidade reducida en todas as rúas da cidade".
Dúas mocións presentadas polo grupo municipal do PP foron aprobadas hoxe luns, na sesión ordinaria do Pleno. Coa abstención do grupo socialista, a Corporación acordou instar ao goberno local á creación dunha comisión de seguemento do funcionamento do Auditorio para coñecer a "situación real" da concesión.
Coa unanimidade dos tres grupos políticos con representación municipal, e por iniciativa do Partido Popular, o goberno local deseñará e disporá nas rúas de Vigo prazas de estacionamento reservadas a persoas con mobilidade reducida. Específicamente, o texto solicita á administración local que habilite "con urxencia" estes espazos en Julián Estévez, Sanjurjo Badía e na rúa Barcelona.