O Concello oponse á suba de taxas do servizo de axuda no fogar e pide a Xunta que o suprima
A moción, presentada polo PSdeG ante o Pleno e apoiada polos nacionalistas, reclama do goberno autonómico que suprima a disposición que obriga aos concellos a incrementar as taxas aos usuarios deste servizo. Outra moción socialista aprobada pide á Xunta que retome as bolsas de comedor que deixou de conceder.
Coa oposción do Partido Popular, o Pleno de Vigo acordou este luns instar á Xunta de Galicia á supresión da Disposición Derradeira Primeira do Decreto 99/2012 que "obriga aos concellos á incrementar as taxas dos servizos de axuda no fogar que abonan actualmente os usuarios".
O texto reclama igualmente "a supresión e eliminación de todo o articulado" do devandito Decreto 99/2012 xa que neste se "establecen incrementos para os usuarios nas taxas que abonan por estes servizos sociais".
Por outra banda, outra moción presentada polo grupo socialista saíu adiante cos votos do BNG e a abstención do PP, unha proposta que esixe do goberno encabezado por Núñez Feijóo que "garanta as bolsas de comedor que deixou de abonar e que tivo que asumir o Concello de Vigo". Nun segundo punto, o Pleno pide á Xunta que "impulse medidas para ampliar o servizo de comedor en periodo non lectivo para o alumnado en situación de necesidade", de modo que se poida "asegurar que os nenos máis desfavorecidos e cuxas familias se atopen en situación de necesidade reciba comida polo menos unha vez ao día".