O Concello recuperará o "esplendor" do Pazo de Raposeira para o disfrute de todos os cidadáns
Abel Caballero visitou hoxe venres por primeira vez o Pazo da Raposeira para coñecer o estado no que incorporou ao patrimonio municipal. Acompañado pola concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, o rexedor destacou as "enormes posiblidades" desta construcción, un dos sete pazos catalogados no PXOM de Vigo.
Abel Caballero comprobou a necesidade de acometer obras no interior e no exterior do Pazo Raposeira, recentemente incorporado ao patrimonio municipal. Nesta primeira visita para "coñecer o estado no que o recibimos" o alcalde puxo en valor as "enormes posiblidades" desta construcción do século XVII, que chegou a mans do Concello por un documento de cesión do ano 1986, logo de que a propietaria tivera dereito de usufructo mentres viviu.
Acompañado pola concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, e por técnicos de Patrimonio Histórico, avanzou a posta en marcha dun proxecto para recuperar o "esplendor" desta construcción. O segunte paso, dixo, será que pase a disposición dos cidadadáns, que sexa patrimonio colectivo, avanzando que se reflexionará sobre o seus uso durante uns meses. Ademais das reconstrucción do muro exterior, é preciso facer obras no interior porque o edificio deteriorouse durante os últimos tempos, cando no estaba habitado, segundo explicaron os propietarios na entrega de chaves.
A Raposeira é un dos 7 pazos catalogados no PXOM, xunto co de Castrelos, A Pastora, San Roque, Rivera Atienza, As Grades e Moláns.
Xerencia de Urbanismo
Na súa comparecencia, o alcalde deu conta dos asuntos aprobados na Xerencia de Urbanismo desta mañá, onde se deu luz verde definitiva a 6 axudas á rehabilitación para outras tantas vivendas no barrio histórico de Bouzas. Tamén se aprobaron 16 licenzas de obra e 4 de actividade, para un investimento de 397.421 euros. Entre estas autorizacións, destaca a construcción dun edificio na rúa Elduayen, con baixo e catro plantas para oito estudios.
Descargar todas as imaxes