xoves, 27 xuñ 2013
Abel Caballero tildou hoxe xoves de "inxusta" a eventual resolución europea que obrigaría a devolver boa parte das bonificacións fiscais do naval desde o ano 2005. Avanzou o seu apoio á manifestación convocada esta tarde polos sindicatos porque esta decisión do comisario de Competencia, Joaquín Almunia, provocaría danos "irreparables" no sector.
xoves, 27 xuñ 2013
O alcalde de Vigo fixo unha análise pormenorizada da situación económica que estamos a atravesar, cunhas consecuencias "demoledoras" que obrigan a remontarse ata 1930 para atopar un contexto negro similar. Durante un acto promovido polo Banco Santander e o Faro de Vigo, Caballero referiuse á automoción como un dos sectores capaces de facerlle frente á crise nunha cidade que tamén destaca polo seu carácter emprendedor.
xoves, 27 xuñ 2013
O alcalde presentou hoxe xoves a decimoterceira edición da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base para nenos e nenas de 7 a 16 anos que naceu co novo século e que este verán, con finais no estadio municipal de Balaídos, verá en competición un total de 194 equipos de medio cento de clubs. Este ano o número de entidades deportivas inscritas creceu nun 20% respecto de 2012.
xoves, 27 xuñ 2013
A Concellería de Cultura e Festas organiza un ano máis o Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS’13, que chega xa á súa novena edición, e que se desenvolverá dende o 28 de xuño ao 6 de xullo en distintos espazos da cidade, con protagonismo especial do auditorio municipal do Concello (praza do Rei, 1) e a praza da Constitución. A dirección artística da presente edición corre a cargo do músico galego Nani García.