Escoitar

Caballero indica que o Goberno de España eloxia o plan de amortización de débeda do Concello

O alcalde e vicepresidente da FEMP participou onte mércores na reunión da Comisión Nacional de Administración Local, onde o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, felicitou a Caballero polo plan de amortización de débeda do Concello de Vigo.

xoves, 27 xuñ 2013
1372334089cnal.JPG
Abel Caballero trasladou este xoves en rolda de prensa as felicitacións recibidas na sesión da CNAL, presidida polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, polo plan de amortización de débeda que ten en marcha o Concello de Vigo, co obxectivo de converter a Vigo na primeira gran cidade europa con débeda cero.

O proxecto, xa en tramitación e que permitiría ao executivo local aforrar un millón de euros en intereses, recibiu os eloxios da administración do Estado, segundo revelou Abel Caballero. Na sesión da Comisión tamén constatouse que Vigo é o concello de España en réxime común con menor débeda e co periodo de pago a proveedores -34 días de media- máis baixo de todas as administracións públicas.

A reunión da CNAL abordou asemade a modernización da administración, cuestión sobre a que o alcalde de Vigo puxo á disposición do resto de entidades a experiencia viguesa en información, administración e contratación electrónica.

FEMP
Abel Caballero tamén referiuse á cita celebrada o pasado martes da Comisión Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias. O rexedor vigués e vicepresidente da FEMP declarou hoxe a existencia dunha "oposición frontal" ao proxecto do Goberno de España de reformar a lei de bases, polo "risco" de encarecer os servizos. Caballero propuxo a convocatoria dunha asamblea dos 8.100 alcaldes españois para abordar este tema.
Descargar todas as imaxes