venres, 28 xuñ 2013
O alcalde deu conta hoxe venres da aprobación da convocatoria de selección e contratación de 122 desempregados mediante a segunda fase do VigoEmprega, parte do Plan de Emprego do Concello. Outros 101 traballadores procedentes do Servizo Galego de Contratación xa foron contratados na primeira fase do programa.
venres, 28 xuñ 2013
O alcalde, a tenente de alcalde e os responsables da Asociación viguesa presentaron este venres esta proposta cultural que xa deu comezo o ano pasado. Os venres de xullo, agosto e setembro, o Paseo de Alfonso acollerá concertos de todos os estilos desde as 21 horas.
venres, 28 xuñ 2013
O alcalde de Vigo anunciou este venres o concerto do artista asturiano no Auditorio de Castrelos para o 24 de xullo, como parte do programa de festas do verán na cidade, que se fará público "dentro duns días" e do que non avanzou máis detalles ata o momento.
venres, 28 xuñ 2013
A Alameda de Vigo, a Praza de Compostela, acolle a partir do venres 28 a súa Feira do Libro, que este ano virá acompañada do Festival de Literatura Infantil e Música "Lemos, Cantamos, Gozamos", ademais de firmas de libros, presentacións, recitais, actuacións humorísticas ou coloquios,