O Concello e Minho Reggae programan concertos todos os venres do verán no Paseo de Alfonso
O alcalde, a tenente de alcalde e os responsables da Asociación viguesa presentaron este venres esta proposta cultural que xa deu comezo o ano pasado. Os venres de xullo, agosto e setembro, o Paseo de Alfonso acollerá concertos de todos os estilos desde as 21 horas.
Abel Caballero e Carmela Silva presentaron este venres os concertos que se celebrarán no Paseo de Alfonso os venres de xullo, agosto e setembro, de todos os estilos e para todas as idades, que procuran crear un novo espazo para a cultura e presentar o traballo das bandas viguesas.
Os espectáculos vanse celebrar en formato semi-acústico, desde as 21 horas, e procuran dinamizar a praza, dar a coñecer a bandas locais e ofrecer unha alternativa cultural e de ocio para o verán.
Tanto o alcalde como a tenente de alcalde agradeceron e eloxiaron o traballo que realiza a Asociación Minho Reggae, con sede en Vigo e que, entre outras actividades, organiza en Tomiño o Festival Minho Reggae Splash, sen debotar a posibilidade de facelo na cidade olívica en futuras edicións.
Descargar todas as imaxes