Escoitar

O goberno de Vigo crea 223 postos de traballo co programa VigoEmprega 2013

O alcalde deu conta hoxe venres da aprobación da convocatoria de selección e contratación de 122 desempregados mediante a segunda fase do VigoEmprega, parte do Plan de Emprego do Concello. Outros 101 traballadores procedentes do Servizo Galego de Contratación xa foron contratados na primeira fase do programa.

venres, 28 xuñ 2013
1372420195AC.jpg
Abel Caballero informou este venres desta decisión adoptada pola Xunta de Goberno Local, contratos de seis meses de duración e persoal procedente do Servizo Galego de Colocación. O VigoEmprega, cun millón e medio de euros de orzamento, forma parte do Plan de Emprego do Concello para este ano.

O alcalde vigués demandou novamente á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia a creación e desenvolvemento en Vigo de plans de emprego similares ao que realiza o goberno de Vigo, o que suporía unha rebaixa "sensible" nas cifras do paro.

Caballero tamén explicou outros acordos emanados da Xunta de Goberno Local deste venres, como a aprobación do programa Vigoarena 2013, unha cita xa tradicional para a práctica de deportes na praia de Samil.

Por outra banda, o goberno de Vigo validou o proxecto técnico de adecuación dunha parcela para o aparcamento no Polideportivo de Navia, de mil metros cadrados de superficie. Segundo explicou Caballero, o prezo de licitación ascende a 240.000 euros, que servirán para ampliar en 46 as prazas de aparcamento próximas ao pavillón e para acondicionar espazo como xardín.
Descargar todas as imaxes