Feira do Libro en Vigo do 28 de xuño ao 7 de xullo na Praza de Compostela
A Alameda de Vigo, a Praza de Compostela, acolle a partir do venres 28 a súa Feira do Libro, que este ano virá acompañada do Festival de Literatura Infantil e Música "Lemos, Cantamos, Gozamos", ademais de firmas de libros, presentacións, recitais, actuacións humorísticas ou coloquios,
A inauguración da feira será o venres, ás 19:00 horas, e contará coa actuación do Grupo de Baile e Gaitas Os ventos de Comesaña; o pregón a cargo de Manuel F. Vieites, director da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia; as intervencións institucionais; e, xa ás 19:30, o humor de Celso Sanmartín. Porén, a Feira do Libro de Vigo xa abrirá as portas pola mañá, dende as 12:00 horas.
Editorial Galaxia produce para esta edición o Festival de Literatura Infantil e Música na Feira do Libro "Lemos, Cantamos, Gozamos".
O listado de participantes comprende á Deputación de Pontevedra, Centro Nacional de Información Xeográfica I.G.N., Libraría Espacio Lector Nobel Gran Vía (Vigo), Libraría Pedreira (Santiago), Editorial Galaxia, Libraría Libros Para Soñar (Vigo), Libraría Lafer (Vigo), Libraría Librouro (Vigo), Libraría Cartabón (Vigo), Libraría Mendinho (Vigo), Consorcio Editorial Galego, Libraría Andel do Libro Galego e Portugués, Libraría Cao (Pontevedra), Lector Libro, Libraría Universitaria Martín Códax (Vigo), e Biblioteca Neira Vilas.
Tamén haberá unha caseta para Outlet, Biblioteca da Feira, un Punto de Información e unha Ágora de Actividades.
Descargar todas as imaxes