Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 28 xuñ 2013
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 7

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA (do mes de xuño) que terá lugar o día UN de XULLO de 2013, ás 9,00 HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores: sesión ordinaria do 29 de abril de 2013.


2.- Declaracións institucionais.


3.- Ditames das comisións informativas:


XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1.- Dar conta do acordo do Consello de Administración do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo ao acordo regulador do Fondo de Acción Social do Concello de Vigo. Expte. 4699/12 (Rexistro Pleno 681/1101).

FOMENTO
3.2.- Dar conta da Resolución da Alcaldía de delegación no concelleiro de Fomento as atribucións precisas para a dirección, xestión, etc. do Expte. "Urbanización entorno polideportivo campo de fútbol de Navia". Rexistro Pleno 669/1101.

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.3.- Dar conta da Resolución da Alcaldía de delegación da presidencia do Consello Escolar Municipal do Vigo (CEMV) no concelleiro D. Santos Héctor Rodríguez Díaz. Rexistro Pleno 670/1101.

3.4.- Proposta de nomeamento de D. José Manuel Fernández Pérez como vocal representante do grupo político municipal Socialista na Xunta Reitora da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Rexistro Pleno 673/1101.


INDUSTRIA, COMERCIO, TURISMO E PEMES
3.5.- Modificación orzamentaria, Suplemento de Crédito para remodelación do Mercado do Progreso. Expte. 5466/551(Rexistro Pleno 678/1101)

POLITICA SOCIAL, CULTURA E DEPORTES
3.6.- Proposta da Alcaldía, de data 21.06.13, referente ao nomeamento de representante suplente no Padroado da Fundación Museo do Mar de Galicia. Rexistro Pleno 684/1101.

3.7.- Cambio de denominación en Bouzas, da "Praza de Urzaiz" por "Praza da Vila de Bouzas". Rexistro Pleno 685/1101.

3.8.- Proposta do concelleiro delegado de Cultura referente á elección de diversas denominacións, a petición do "Colectivo Violeta", para viais que posteriormente sexan identificados. Rexistro Pleno 687/1101.


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando ao Goberno do Estado a mellora na rede ferroviaria. Expte. 672/1101.

5.2.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando aos presidentes da Xunta de Galicia e Goberno Central a reversión do capital investido en preferentes e subordinadas e o pago polo Fondo de Garantía de Depósitos. Expte. 627/1101.

5.3.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando á Xunta de Galicia a supresión da Disposición Derradeira Primeira do Decreto 99/2012, que obriga aos concellos a incrementar a taxa do Servizo de Axuda no Fogar. Expte. 671/1101.

5.4.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando á Xunta de Galicia que garanta as becas de comedor, que deixou de abonar e que tivo que asumir o Concello de Vigo. Expte. 679/1101


6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, nomeando novos representantes veciñais nos organismos autónomos do Instituto Municipal dos Deportes e no Parque das Ciencias Vigo-Zoo, polo grupo político municipal do Partido Popular. Expte. 677/1101.



2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.


3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular, instando ao Goberno municipal a transformar o uso e contidos do Verbum, creando un novo espazo para artes plásticas, fotografía, deseño, música, etc. Expte. 676/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular, instando ao Goberno municipal o estudo, deseño e execución de prazas de estacionamento para persoas de mobilidade reducida. Expte. 675/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular, instando ao Goberno municipal constitúa unha comisión de seguimento do funcionamento do Auditorio-Pazo de Congresos. Expte. 674/1101.


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.


6.- Formulación de preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás 9,00 HORAS do día UN DE XULLO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 27 de xuño de 2013
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.