Escoitar

Todos os grupos acordan medidas de presión contra a eventual resolución de devolver as bonificacións do tax lease

Os voceiros dos tres grupos políticos rubricaron no Pleno desta mañá unha declaración conxunta para defender o naval de Vigo. Todos os partidos coincidiron na necesidade de instar a todas as administracións implicadas a aumentar a súa presión en Bruxelas para evitar calquera decisión que poidera supor a desaparición deste estratéxico sector.

luns, 1 xul 2013
BNG, PSOE e PP acordaron durante o Pleno ordinario desta mañá unha declaración conxunta para incrementar as medidas de presión contra unha eventual decisión europea de devolver as bonificacións fiscais do tax lease. En primeiro lugar, coincidiron na necesidade de instar ao comisario europeo Joaquín Almunia a rectificar as súas declaracións e garantir que o naval galego non se verá afectado por unha decisión claramente prexudical para o seu futuro.

O texto tamén solicita á Xunta e ao Goberno do Estado a continuar coa súa presión en Bruxelas para evitar calquera decisión que poida supoñer a desaparición deste secter estratéxico para o noso país.

Por último, a resolución conxunta insta ao Concello de Vigo a exercer a presión necesaria para impedir que os comisarios europeos adopten calquera decisión contraria aos intereses xerais do naval vigués.