O Supremo avala a legalidade do PXOM "nunha decisión histórica para a cidade e demoledora para os que defendían aos especuladores"
O alcalde de Vigo cualificou hoxe xoves como unha "decisión histórica para a cidade" a sentenza do Tribunal Supremo que avala a seguridade xurídica do actual PXOM frente a un recurso que abogaba por derogar o documento ata o momento no que o goberno local aumentou a vivenda protexida dun 20 a un 47%. Caballero dixo que o dictame é "absolutamente favorable" ao Concello é á cidade e "demoledor contra os que non votaron o Plan e defendían os intereses dos especuladores". <br />