Escoitar

O proxecto europeo Sum Project organiza un concurso fotógrafico sobre mobilidade urbana

A cidade de Vigo é socia desta iniciativa da Unión Europea, Sustainable Urban Mobity, que involucra ás urbes na sustentabilidade. O certame de fotografía Green Dream está orientado a persoas maiores de 14 anos, residentes en calquera estado da UE co obxectivo de aumentar a concienciación entre os cidadáns sobre os problemas do transporte. A data límite para achegar os traballos é o 31 de xullo na seguinte dirección electrónica: communicationsum@gmail.com

mércores, 3 xul 2013
Os socios do proxecto europeo de mobilidade sostible nas cidades Sum Project lanzan o Green Dream, un concurso fotográfico orientado á maiores de 14 anos residentes en calquera dos estados membros da Unión Europea, co obxectivo de aumentar a concienciación entre os cidadáns sobre mobilidade urbana e os problemas de transporte, ademais da relación entre estes e o medio ambiente nas cidades.

O concurso fotográfico está organizado polos socios do Sum Project, baixo a supervisión so concello de Messina, responsable da difusión do proxecto. O obxectivo é estimular a creatividade e a concienciación dos cidadáns que participen, animándoos a representar o impacto da mobilidade urbana nas zonas, distritos e medio nos que a xente vive, traballa, estudia e viaxa. Por medio das fotos, os participantes poden expresar os seus puntos de vista, as súas sensacións sobre as as posibles melloras dos sistemas de transporte urbano ou como os problemas de mobilidade urbana impactan nas súas vidas.

Os participantes poden interpretar libremente os medios de transporte e os contextos que lles rodean, obtendo imaxes de sistemas de tranporte por estrada, ferrocarril o marítimo. O concurso fotográfico iniciouse no mes de xuño e todos os materiais disitalizados poderán ser enviados ata o 31 de xullo na seguinte dirección electrónica: communicationsum@gmail.com.

Para participar, pódese obter máis información sobre o certame en Photo Constest Regulation, que pode ser descargada da páxina web: www.sumproject.eu ou desde a páxina de Facebook do proxecto Sum "Sustainable Urban Mobility.

Comprobarase que todas as fotos cumpran con todos os requerimentos recollidos nas bases reguladoras e todas aquelas que sexan aceptadas, serán publicadas na páxina de Facebook ata o 30 de setembro onde poderán ser seleccionadas por medio dun sistema de votación on line (cuenta el número de I like). As dez fotos que obteñan maior puntuación pasarán a unha segunda fase de votacións onde a Comisión de Adxudicación de premios do concurso -formada polas persoas de conctacto do socios do Sum Project- emitirán a súa opinión de acordo ao seu criterio técnico.

As persoas gañadoras que obteñan o primeiro e segundo posto serán premiadas cunha bicicleta ou un kit de transformación de bicicleta eléctrica, respectivamente. Ademais, as persoas que queden entre os dez primeiros recibirán unha camiseta. A publicación dos gañadores terá lugar el 18 de outubro de 2013.