O Concello realiza melloras na Praza da Miñoca por 100.000 euros
Abel Caballero achegouse hoxe martes á Praza da Miñoca para comprobar as obras de mellora que se executaron nos útimos meses. Cun investimento superior a 100.000 euros actuouse nas bancadas de pedra, nos xardíns ou na pavimentación, entre outros.
O alcalde de Vigo cifrou hoxe martes en máis de 100.000 euros as melloras acometidas na Praza da Miñoca nos últimos meses. Concretamente, enumerou, limpiáronse as bancadas de pedra natural, reubicáronse os bolardos que ordean o tráfico, fixéronse aportes de xabre natural en camiños interiores, pavimentación, restauración e novo sistema hidráulico no estanque -con distintas secuencias e efectos luminosos-, así como reposición de arborado, entre outros.
A este investimento, engadiu, hai que sumar outros 30.000 euros na remodelación do parque infantil e 20.000 euros da instalación dun parque biosaludable, obras que acometeu o Concello hai un ano. Durante a visita, na que estivo acompañado polo concelleiro de Parques e Xardíns, Angel Rivas, tamén se referiu a próxima posta en marcha do novo centro social, o que suporá que os investimentos municipais na zona superarán o millón de euros.
Caballero, quen felicitou ao edil responsable e aos técnicos polo seu traballo, referiuse á Miñoca como "a mellor praza de Europa", unha zona cunha beleza "excepcional" no corazón da cidade.
Descargar todas as imaxes