mércores, 3 xul 2013
O alcalde Vigo e vicepresidente da FEMP enfatizou hoxe mércores que o Consello de Estado ven de refrendar as críticas á reforma de lei de bases de réxime local. Este "durísimo varapalo" obriga a convocar unha reunión urxente da comisión executiva da Federación, segundo afirmou Caballero.
mércores, 3 xul 2013
A cidade de Vigo é socia desta iniciativa da Unión Europea, Sustainable Urban Mobity, que involucra ás urbes na sustentabilidade. O certame de fotografía Green Dream está orientado a persoas maiores de 14 anos, residentes en calquera estado da UE co obxectivo de aumentar a concienciación entre os cidadáns sobre os problemas do transporte. A data límite para achegar os traballos é o 31 de xullo na seguinte dirección electrónica: communicationsum@gmail.com