Caballero enfatiza que o Consello de Estado lle da un "durísimo varapalo" á reforma de lei de bases de réxime local do Goberno Central
O alcalde Vigo e vicepresidente da FEMP enfatizou hoxe mércores que o Consello de Estado ven de refrendar as críticas á reforma de lei de bases de réxime local. Este "durísimo varapalo" obriga a convocar unha reunión urxente da comisión executiva da Federación, segundo afirmou Caballero.
Abel Caballero referiuse hoxe mércores ao "durísmo varapalo " que o Consello de Estado ven de facer público sobre a reforma de lei de bases de réxime local do goberno Central. Este dictame, engadiu, avala a posicición do vicepresidente da Femp en representación de miles de concellos. En primeiro lugar, detallou, asegura que vulnera a Constitución a través do principio de autonomía local, potencia as deputacións que non están preparadas para isto, supón maior ineficacia e, por último, a través do coste estándar, encarecerá os servizos.
Esta "durísma reprimenda" do Concello de Estado ao goberno de España fai precisa unha reunión urxente da comisión executiva da Femp, polo que, tal e como trasladou o rexedor, está xá a chamar ao presidente da Federación Española de Municipios e Provincias. O obxectivo é analizar a lei e o dictame do Consello de Estado, ademais de volver solicitar unha asamblea dos 8.100 municipios de España "porque é imprescindible que nos reunamos para decirlle ao goberno que retire unha lei que vulnera os dereitos dos cidadáns".
Descargar todas as imaxes