Escoitar

Vigo iza as súas nove bandeiras azuis, a cidade española con maior número de distincións

O alcalde, Abel Caballero, foi o encargado de izar a bandeira azul da praia de Argazada, un dos nove areais nos que ondea este distintivo de limpeza, accesibilidade, socorrismo e calidade da auga. O Concello dispón este verán de 150 efectivos para garantir a seguridade dos bañistas en dez praias.

mércores, 3 xul 2013
1372851545banderazul.JPG
Vigo é a gran cidade española que conta este verán cun maior número de bandeiras azuis, nove, polas oito de Cartagena e Barcelona. O alcalde, Abel Caballero, procedeu este mércores ao izado destes distintivos outorgados en base á excelencia no servizo de socorrismo, na calidade das aguas, na limpeza e na accesibilidade, entre outros criterios.

As praias viguesas nas que ondea a bandeira azul son Fortiñón, Canido, O Vao, Fontaíña, Argazada, Tombo do Gato, A Punta, Rodas e Figueiras. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), entidade que concede as distincións, recoñeceu tamén este ano como "sendeiro azul" o cordón verde que une o Lagares con Bouzas e Canido.

Segundo explicou Caballero, o Concello de Vigo dispuxo para esta tempada estival a 150 efectivos de vixilancia, socorrismo e salvamento en dez praias, as nove con bandeira azul e Samil, persoal que iniciou o seu traballo o 15 de xuño. O goberno local, a diferencia da tendencia de moitos municipios galegos, non aplicou ningún recorte ao servizo de vixilancia, tal e como salientou o alcalde vigués.
Descargar todas as imaxes