Escoitar

Unha nova aplicación de móbil permitirá obter información turística de Vigo en catro idiomas

O alcalde de Vigo presentou hoxe xoves Turismo de Vigo, unha aplicación turística para teléfonos e tablets que permite aos visitantes dispor de xeito gratuito información sobre a cidade en todo momento e lugar. A ferramenta, que xa está disposible, está operativa en catro idiomas: español, galego, inglés e portugués.

xoves, 4 xul 2013
1372938979app.JPG
A aplicación móbil Turismo de Vigo permite aos visitantes dispor de toda a información turística de Vigo en calquera momento e calquera lugar, desde o teléfono ou tablet. Así o explicou hoxe xoves Abel Caballero, durante a presentación, na que estivo acompañado polo responsable do proxecto, Jose Estévez. Esta "excepcional" iniciativa está desenvolvida en catro idiomas (español, galego, inglés e portugués) e atópase dispoñible nas súas respectivas plataformas de descarga para os tres sistemas operativos Android de Google, iOS de Apple e Windows Phone, de Microsoft. Trátase dunha aplicación de difusión de todo tipo de contidos xeorreferenciados ou que se poden localizar nun punto concreto do mapa da cidade.

Tal e como explicou Jose Estévez, a principal virtude desta aplicación frente a outras dun carácter similar radica na posibilidade de da actualización de contidos de xeito automático e transparente para os usuarios. Ademais, o Concello facilitou aos empresarios e as entidades culturais da cidade un correo electrónico a través do dque poderán modificar ou ampliar a información que a aplicación ofrece dos seus establecementos.

A reproducción de arquivos de audio é outra das funcionalidades que permte a aplicación. Xa están a disposición dos usuarios 60 audioguías teatralizadas de algúns dos lugares máis relevantes da cidade. Actualmente, a aplicación amosa 25 roteiros que ofrece os itinerarios máis atractivos para coñecer a cidade, as paradas do bus turístico, as diferentes rutas urbanas, as zonas de ocio nocturno, e os itinerarios pola naturaleza, entre os que destaca as rutas do Parque Nacional das Illas Cíes.

O resto das seccións ofrecen máis de 600 puntos de interese divididos en 5 bloques principais: lugares, ocio e axenda, compras, restaurantes e aloxamento, de xeito que o usuario pode filtrar que información quere visualizar en cada momento e acceder á mesma de xeito rápido grazas á xestión de "favoritos".

Ofrécense tres modos de consulta: vista de listado, vista de mapa e vista de realidade aumentada que permite visualizar cada punto sobre a imaxe do entorno real captada a través das cámaras do dispositivo. Desde calquera destas vistas, accédese á información de detalle de cada punto cunha imaxe representativa e un breve texto descriptivo, así como o resto de funcionalidades dispoñibles a través dos inconos da pantalla.

A accesibilidade dos contidos é outro dos puntos fortes da aplicación ao integrar un módulo de lectura automática dos textos descriptivos de cada punto, así como a xestión do tamaño da letra. Tamén incorporan un sistema de axuda dinámica, polo que o usuario pode activar en cada pantalla unha imaxe que amosa a lenda e función de cada botón.

En defitiva, trátase dunha ferramenta novedosa e moi útil, concebida para os visitantes de Vigo, desenvolvida polo Concello no marco do Plan de Competitividade Turística de Vigo, conveniado entre o Instituto de Turismo de España, a Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e a Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra.
Descargar todas as imaxes