Escoitar

A novena edición de ImaxinaSons, o festival de jazz de Vigo chega ao seu fin o sábado 6 de xullo.

Mostly Other People Do the Killing, unha das figuras máis destacadas deste festival será un dos responsables de poñer fin á penúltima xornada desta novena edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, o venres 5 a partir das 21.00h no Auditorio Municipal do Concello. Ademais, o festival contará con Richard Galliano o sábado 6 de xullo ás 23.00h na Praza da Constitución.

venres, 5 xul 2013
1373024351imaxinasons.jpg
Mostly Other People Do the Killing, unha das figuras máis destacadas deste festival será un dos responsables de poñer fin á penúltima xornada desta novena edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. O publico poderá disfrutar o 5 de xullo a partir das 21.00h no Auditorio Municipal do Concello da banda neoiorkina onde demostrará porque crítica e público coinciden en considerar a súa proposta, marcada polo humor e a deconstrución do jazz, como unha das máis destacadas do momento. A entrada tendrá un custo de 5 euros e poderá adquirirse nos despachos de billetes do recinto a partir dunha hora antes do concerto. Ademais, o festival terá a honra de contar con Richard Galliano, o artista culpable de introducir o acordeón no circuíto jazzístico, o sábado 6 de xullo ás 23.00h na Praza da Constitución.

Mostly Other People Do the Killing resulta do encontro de novos e sorprendentes músicos liderados polo contrabaixista Moppa Elliott. Compositor en MOPDTK. Elliott califica o proxecto como de "terrorismo bebop" coa intencionalidade de reinterpretar e manipular ata o extremo temas que intencionalmente recollen clichés do son Blue Note dos anos cincuenta e sesenta.

O venres o público poderá tamén disfrutar do "Jazz fóra de lugar" a cargo de Chus Pazos Trío á 13.00h diante da galeria de Jazz, un obradoiro de Cabaret-Jazz con Iria Pinheiro no MARCO as 18.00h e Tora Tora Big Band ás 23.00h na Praza da Consitución como peche da xornada.

O sábado 6 de xullo a elegancia e o tango daranse a man co jazz no concerto do francés, Richard Galliano onde interpretará o seu proxecto Tangaria Quartet. Nesta edición por fin o público de Vigo poderá gozar do traballo dun home do que din que marcou un antes e un despois para os acordeonistas. Galliano comezou hai trinta anos cando foi convidado por Astor Piazzola como solista de bandoneón na Comedie Française; o arxentino no seu mentor e amigo até o seu falecemento en 1992.

Nesta xornada de peche da novena edición de Imaxina Sons a oferta complétase coa Academia de Sons; un espazo para experimentar, de concertos didácticos e participativos, obradoiros e, ademais, a estrea dunha película para que os diversos públicos da cidade se acheguen ao jazz. Ari Hoening Trio, considerardo un dos mellores baterias do jazz mundial actuará no auditorio municipal ás 21.00h, e como remate final, "Jazz na Noite" a cargo de Rafa Fernandez Quinteto a 01.30h no Xancarajazz.

Con esta novena edición Imaxina Sons afianzou a súa aposta pola innovación musical en Europa, dando soporte ao jazz en Galicia e cunha presenza na cidade que se apoiou de novo nunha rede de espazos cubertos e ao aire libre. Creando novas audiencias e promovendo o jazz entre a cidadanía como un dos obxectivos primordiais.

Nota importante: As entradas para Mostly Other People Do the Killing no Auditorio Municipal do Concello custan 5 euros e poden ser adquiridas desde unha hora antes do inicio do concerto na billeteira do recinto.
Descargar todas as imaxes

Máis información