Escoitar

Vigo conta cun Centro de Interpretación que explica a relación histórica da cidade co seu contorno natural

O alcalde e a tenente de alcalde inauguraron hoxe venres, xunto ao edil de Turismo, na rúa Cánovas do Castillo o Centro de Interpretación de Vigo e a súa ría, que permite percorrer a historia da cidade e a relación co seu contorno. Neste mesmo acto, presentou o proxecto Vivevigo Hospitaly, unha iniciativa destiñada aos hoteis para que poidan facilitar aos seus clientes o acceso ás distintas posibilidades culturais, de ocio e comerciais da cidade.

venres, 5 xul 2013
1373027314ria.JPG
Abel Caballero inaugurou hoxe venres o Centro de Interpretación de Vigo e a súa ría, unha infraestrutura turística novidosa que explica a relación cultural e histórica entre a cidade e o seu contorno. Caballero eloxiu as instalacións, logo dun percorrido no que estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, o concelleiro de Turismo Cayetano Rodríguez e o edil nacionalista Santiago Domínguez. Durante este acto, tamén se presentou o programa Vivevigo hospitality, unha iniciativa que permite transmitir aos visitantes de Vigo a existencia dunha ampla oferta de servizos turísticos, prestados por profesionais cualificados e capaces de aportar novas experiencias aos visitantes, para posicionar Vigo como un destino singular.

O primeiro dos espazos nos que se divide o Centro de Interpretación explica a xénesis e as características do medio rural que son a ría de Vigo. As illas Cíes outorgan a Vigo a singularidade de ser unha urbe industrial e, á vez, un municipio que é parte dun parque nacional. No chan, hai un haz de luz que enmarca o solo interactivo onde se poden seleccionar cinco vídeos sobre as Cíes, simbolizados con seus iconos. Estas proxeccións acompáñanse dunha paixase sonora natural, recollida esta primaveira nas propias illas Cíes, que é a banda sonora do Centro.

No segundo espazo destas instalacións, preténdese que o visitante coñeza, a través de vídeos e xogos instalados nas mesas, a obra humana de Vigo sobre o contorno. Desde os primeiros poboadores ata hoxe, a importancia do traballo humano sobre o mar é a identidade de Vigo e a forza e circunstancia que orixinaron a industria, o comercio e a navegación.

Xa por último, o Centro, conta cun video testimonial no que, grazas á xenerosidade dos seus protagonistas relátase en vivo a honda paixón e emotiva vinculación dos vigueses e viguesas coa ría e co mar.

Vivevigo Hospitality
Respecto do Vivevigo Hospitality, é un programa que ten por obxectivo mellorar a comercialización dos servizos turísticos que se prestan en Vigo por medio de dúas vías. A primeira é un catálogo das actividades que se poden realizar na cidade e, a segunda, pasa pola vertebración da colaboración entre os prestadores de servizos turísticos cos prescriptores dos mesmos, que son fundamentalmente os establecementos hoteleiros e oficiñas de información turística.

É a primeira vez que en Vigo se desenvolve un programa deste tipo, directamente enfocado ao sector e as súas necesidades, sen mediacións e centrado na comercialización. Para isto, dotouse ás entidades adheridas ao programa cunha serie de ferramentas que facilitarán o acceso do visitante aos servizos turísticos da cidade. Unha aplicación informática que permite xerar bonos, cos que os turistas reservan a súa participación nas actividades do catálogo.

Unha das claves do Vivevigo Hospitality é a xeración de valor engadido para os usuarios dos establecementos hostaleiros. A partir de agora, os hoteis dispoñen un catálogo personalizado, ordenado e actualizado nos que os seus clientes poderán elexir qué facer en Vigo.
Descargar todas as imaxes