Escoitar

O alcalde inicia coas asociacións de veciños a mobilización da cidade en defensa do naval

Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde e os responsables das tres principais centrais sindicais, comezou este venres a rolda de contactos con entidades para "sensibilizar" á cidadanía na defensa do sector ante a inminente resolución europea sobre o tax lease. As asociacións veciñais amosaron o seu "apoio absoluto".

venres, 5 xul 2013
1373025831naval.JPG
O alcalde de Vigo, a tenente de alcalde e responsables de UGT, CCOO e CIG mantiveron este venres unha reunión con medio centenar de persoas de numerosas asociacións de veciños da cidade, o primeiro paso da rolda de contactos que vai manter Caballero e os sindicatos para "sensibilizar" á cidade na necesidade de defender o naval.

Segundo explicou, o alcalde é o encargado de "nuclear" os contactos con entidades de Vigo xunto aos sindicatos, reunións que continuarán o luns con comerciantes e o martes coa xente do deporte vigués, "e así seguiremos" en próximas xornadas.

Sobre a posibilidade aberta polo comisario da Competencia, Juaquín Almunia, de revisar a devolución prevista das achegas recibidas desde 2005 para a construcción de buques en base ao anterior tax lease, un sistema de bonificacións fiscais, o alcalde vigués recordou que "non hai nada conseguido" pese a que "estamos avanzando, e moito".

Caballero apuntou que a presión exercida desde o Concello de Vigo e as centrais sindicais conseguir conformar unha fronte a nivel estatal, encabezada polo ministro do ramo. "Imos permanecer na defensa activa do naval", concluíu.
Descargar todas as imaxes