Escoitar

O Concello abre unha nova oficiña de información sobre o plan para familias afectadas pola crise

O Plan Social contra a crise arranca o luns coa instalación dunha oficiña municipal na que se facilitará información sobre os trámites para solicitar esta axuda económica. Dotado con 2.750.000 euros, Vigo é o único concello de España que ofrece este un plan destas características, segundo apuntou Abel Caballero en rolda de prensa.

venres, 5 xul 2013
Unha oficiña na Lonxa do Concello facilitará información sobre o Plan Social para familias con necesidades económicas, convertindo a Vigo na única cidade de España que ten un programa social deste tipo. Dotado de 2.750.000 euros, este plan executarase nunha paga única baixo o requisito de estar empadroado en Vigo e que os ingresos da unidade de convivencia familiar non sexan superiores ao salario mínimo interprofesional. Tal e como avanzou o alcalde en rolda de prensa, realizaráse unha campaña de difusión para que todos os vigueses saiban desta axuda.

Dentro deste mesmo Plan Social, dixo o rexedor, o Concello está pendente da convocatoria a Entidades Sociais e asociacións que se adican á distribución de alimentos. Trátase de 200.000 euros, aos que se accederá por concurrencia competitiva e haberá 10 días para achegar solicitudes, unha vez que se publique no BOP.

Por outra banda, o rexedor deu conta da aprobación en Xunta de Goberno do expediente de contratación do servizo de teleasistencia. Deste xeito, sairá a concurso a prestación deste servizo social que o Concello asumiu, unha vez que o Goberno Central e a Deputación de Pontevedra deixaron de financialo nunha decisión "desalmada", enfatizou Caballero.