Escoitar

O Concello está a acometer un plan de asfaltado por importe superior ao millón de euros

Abel Caballero avanzou hoxe luns en rolda de prensa que o Concello está aproveitando as altas temperaturas para acometer un importante plan de asfaltado. Cun importe superior ao millón de euros, traballaráse en máis de 37 zonas distintas da cidade.

luns, 8 xul 2013
O Concello de Vigo está a investir maís dun millón de euros nun ambicioso plan de asfaltado aproveitando a bonanza climática. Son 37 as zonas da cidade nas que se van realizar estes traballos de mellora das calzadas, comenzando hoxe mesmo, dixo o rexedor, pola saída do túnel de Beiramar, mentres que a glorieta Avenida de Europa, a glorieta Citroën, a avenida Arquitecto Antonio Palacios ou a glorieta de Balaídos acometeránse nos próximos días.

Durante a rolda de prensa, o alcalde ennumerou todas as zonas que completan este plan de asfaltado: baixada Ponte Nova; Camiño Romeu; estrada Fragoselo; estrada Monte Alba; Leonardo Alonso; Portoloureiro; rúa Sáa; avenida do Tranvía; camiño Arieiro; camiño Raposeira; Ceip Carballal; rúa Doutor Corbal; rúa Goleta; rúa Severino Cobas, Cachamuíña, Caracas; Da Paz; Don Quixote; Francisco Fernández del Riego; Gerona; Heraclio Botana; Juan Ramón Jiménez; Nazario González; Pablo Iglesias; Pintor José Frau; Praza de América; rúa Ricardo Portela; San Amaro; Sergio Sabarido Cid; Taboada Leal; Tomás Alonso e, Tomás Paredes.

Por outra banda, Caballero tamén aludiu ao traballo que desenvolven as catro brigadas municipais nas zonas de Teis, San Xoán do Monte, Sampaio, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Coruxo, Oia, Saiáns, Comesaña, Beade, Matamá, Castrelos e no centro da cidade.