O alcalde constata que "a cidade enteira está volcada no apoio ao naval"
Abel Caballero e os representantes das centrais sindicais mantiveron hoxe martes un encontro con máis dun centenar de persoas do mundo do deporte para recabar o seu apoio en defensa do naval e que non haxa que devolver atrasos. Nunha rolda de prensa posterior, o rexedor trasladou a "espléndida" mobilización de todos os colectivos da cidade en torno ao naval.
Máis dun centenar de persoas do mundo do deporte amosou esta mañá o seu apoio para recuperar o naval ao longo dun encontro que mantiveron co rexedor e responsables de centrais sindicais, dentro da rolda de contactos que está a manter o alcalde para sensiblizar á cidadanía coa difícil situación que está a atravesar o sector.
O rexedor trasladou en rolda de prensa que ao longo destes encontros constata que "a cidade enteira está volcada no apoio ao naval" para que Xunta e Goberno central paralicen a devolución do tax lease, que non haxa que pagar atrasos e, polo tanto, se viabilice o sector. Na súa opinión, a mobilización de todos os colectivos está a ser "espléndida" porque reclamamos o que "é de xustiza: manter a industria e poder competir". Rematou reiterando a importancia de acudir á manifestación convocada o xoves ás 20,00 horas na Praza de España.
Descargar todas as imaxes